15 Mar 2009 |
|
HISTORIAL DO CLUB DE REMO PUEBLA
Está sociedade foi fundada no ano 1979 por un grupo de persoas da localidade, organizadas baixo a dirección do Sr. Manuel Vicente Varela Albores que contando coa colaboración Dona Carmela Arias y Diaz de Rabago, que patrocinou a compra da primeira traiña, a cual se lle deu o nome de CARMELA (mantendose actualmente), recuperarón para o noso concello un dos deportes mais tradicionais das vilas mariñeiras da Ria de Arousa. Neste mesmo ano organizase a primeira Xestora do Club, recaendo a Presidencia no Sr. Valentín Hermo Rios, conseguindo embarcar a primeira tripulación na traiña pratroneada polo Sr. José Noal. Ata o ano 1.980 non se pon en funcionamento o remo en categorías inferiores, e neste ano cando o clube adquire o primeiro batel, o DELFÍN I, escomenzando a participación nas regatas desta modalidade. Nestes primeiros anos o clube desenrrola a sua actividade no edificio da antigua lonxa situada ó pe do pantalán, ata que no ano 1983, unha gravísima decisión por parte do goberno local, desaloxa a este clube de ditas instalacións, iniciándose un longo peregrinar por multiples locais, moitas veces en condicións non todo o axeitadas que unha actividade tan necesaria para o desenrrolo social dun pobo precisa e merece. É no ano 1983 cando chega o primeiro gran éxito deportivo deste clube, coa clasificación da CARMELA para os campionatos nacionas que se celebran na localidade cantabra de Castro Urdiales, donde a embarcación patroneada por “Quico Moure” acada a sexta posición. A finais do ano 1983 elixese nova directiva recaendo a Presidencia no Sr. Francisco Moure, e no ano 1984, co Sr. Manolo do Carmo como adestrador, acadase o maior logro deportivo na historia do deporte da Pobra do Caramiñal, o Club de Remo Puebla proclamase Campeón de España de bateis na categoría Infantil, tamen en augas de Castro Urdiales, a embarcación composta por Silverio como patrón, Callón, Josemari, Noli e Frán acadan o primeiro titulo nacional de bateis para Galicia. Ese mesmo ano o equipo de cadetes obtén o 5º posto nacional. Nos seguintes anos o clube está presente de xeito ininterrumpido nos campionatos nacionas de bateis cos xuvenis no ano 1985, con infantís e cadetes no 1986, obtendo a medalla de bronce cos cadetes, e cos cadetes no ano 1987. No ano 1985 mercase a primeira traineiriña, acadando ese mesmo ano a clasificación tanto na categoría xuvenil como senior para a participación no campionato nacional, acadando o sexto e séptimo posto respectivamente. Xa no ano 1988, baixo a presidencia de Cipriano A. Fuentes, que collera a dirección do clube en decembro de 1986, e tras unha exitosa temporada na modalidade de traiñas, a CARMELA clasificase para os campionatos nacionais a celebra en Bermeo donde repite na sexta posición. Neste mesmo ano gañese a 1ª Bandeira Deputación de A Coruña Ata o ano 1994, despois de multiples dificultades, e de estar perto da desaparición, debido principalmente a falla de instalacións, e xa baixo a presidencia de Andrés Fernández, novamente un equipo obtén o pase ó campionato nacional, acadando a medalla de prata na categoría infantil, e proclamándose campión da Copa de Galicia. Dende o ano 1995, este clube disfruta dunhas novas instalacións situadas no Recheo do Castelo, donde dispón de ximnasio, oficiña, vestiarios e almacén de embaracacións. No ano 1997 producese a primeira participación dun equipo femenino en competición nacional, acadando a oitava posición na categoría infantil-cadete, campeonato celebrado en Castro Urdiales Nos anos 2004 e 2005 participase no campionato nacional de banco movil, acadando o quinto posto en doble skull xuvenil femenino e o cuarto posto en skiff xuvenil femenino. Dende o ano 2005 este clube forma parte da Asociación Liga Galega de traiñas, tendo participado nas 4 edicións celebradas da Liga Galega de Traiñas, acadando os postos 13º, 11º, 10º e 9º neste última temporada No ano 2006 celebrase a 1ª Bandeira Concello de A Pobra de Traiñas, continuando no 2007 e 2008 coas segunda e terceira edición da mesma. Na temporada 2008, baixo a dirección técnica de Andrés Domínguez en categorías inferiores e Daniel Vázquez cos xuvenís e senior, acadamos a participación en toda-las categorías masculinas de banco fixo, con dous equipos de bateis competindo nas categorías infantil e cadete, e un equipo batel nas categorías xuvenil e señor. Na modalidade de trainerillas participamos con un equipo na categoría xuvenil e dous equipos na categoría senior. Na modalidade de traiñas, participouse na 4ª edición da Liga Galega. Toda esta actividade puidose realizar en gran medida grazas a colaboración do noso patrocinador, a empresa KELIAM BARBANZA, S.L. e demais colaboradores, principalmente as empresas ACTEMSA, CONGALSA e JUAN PEGO, S.L. Resultados mais significativos da temporada 2.008: Na modalidade de Bateis acadouse o 1º posto no Campeonato Territorial de xuvenís. Na modalidade de Trainerillas, repetimos o 1º posto no Campionato Territorial de xuvenis, e 4º posto en senior, clasificandose ambas embarcacións para a participación no Campionato Galego, donde acadamos o 4º e 8º posto respectivamente, permitindo os xuvenís a participación no CAMPIONATO DE ESPAÑA celebrado en augas de CASTRO URDIALES, donde acadamos o 8º posto. Na modalidade de Traiñas destacar o 9º posto acadado na clasificación xeral da LIGA GALEGA DE TRAIÑAS, afianzando a nosa participación nesta liga, e mellorando un ano mais a clasificación obtida en anteriores edicións. Dentro desta liga acadamos a nosa mellor clasificación na BANDEIRA TERESA HERRERA cun 6º posto, e 7º posto nas BANDEIRA DE ARES, BANDEIRA DE RIANXO E BANDEIRA DE CANGAS. Outros postos reseñables son o 5º posto acadado na TRAVESÍA DE PEDRAS NEGRAS e o 3º posto na BANDEIRA DA DEPUTACIÓN. |
|
| Última actualización el Martes, 23 de Febrero de 2010 17:33 |














